Mariano Zaera Herrero, nado en Aliaga en 1834 e finado en Sarria o 15 de agosto de 1919, foi un comerciante e político galego.
Traxectoria Comerciante e destacado propietario. Estableceuse en Gontán onde naceron os seus fillos. Asentou no barrio de San Roque de Lugo, onde rexentou o Mesón de Aguiar. Republicano federal, o 1 de maio de 1873 dirixiu unha proclama electoral aos electores do distrito de Lugo para presentar a súa candidatura para as Cortes, foi elixido deputado polo distrito de Lugo nas eleccións de 1873. Instalado en Sarria, foi veciño de San Lázaro (Maside). Obtivo autorización para a venda de sal ao retallo e foi dono dun almacén de importación e exportación de produtos. Finou en Sarria o 15 de agosto de 1919.La Voz de la Verdad, 18-8-1919, p. 3.
Vida persoal
Casou en Vilafranca do Bierzo con María Vázquez Vázquez e foi pai de Mariano, Ascensión, Próspera, Emilio, Aurora e Clotilde Zaera Vázquez, e avó de Mario González Zaera.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Historia dun federalista en Sarria
Os rendistas da rúa Maior dominaban a política local
Categoría:Deputados nas Cortes Españolas durante o Sexenio Democrático Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Nados na provincia de Teruel Categoría:Nados en 1834 Categoría:Finados en 1919