Jang Eun-jin (en ), nada en 1976, é unha escritora surcoreana.

Traxectoria Jang Eun-jin naceu en Gwangju no ano 1976. Ten unha irmá xemelga, Kim Hee-jin. Jang estudou na Universidade Nacional Chonnam, na súa cidade natal, pola que se graduou en Xeografía. En 2004, recibiu o premio Jooggang Ilbo para Novos Escritores pola súa opera prima, Kichin silheomsil (en hangeul: 키친 실험실; en ), publicada como libro en 2008.

Obra Jang é autora de catro novelas e unha escolma de relatos. Gañou tres premios literarios: o premio Chonnam Ilbo de Conto (2002), o premio Joongang Ilbo para Novos Escritores (2004) e o 14.º premio anual Munhakdongne (2009).

A súa obra máis recoñecida, Amudo pyeonjihaji anda (en hangeul: 아무도 편지하지 않다; en ), foi traducida a diversos idiomas, entre eles o inglés e o castelán.

Notas

Categoría:Nados en 1976 Categoría:Escritores en lingua coreana Categoría:Escritores de Corea do Sur