Aire é un filme dominicano de 2024 coescrito, coproducido e dirixido por Leticia Tonos. Está protagonizado por Sophie Gaëlle, Paz Vega e Jalsen Santana.

Foi escollido como candidato da República Dominicana para o Óscar ó mellor filme internacional na 97ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse No ano 2147, un virus como resultado dunha Gran Guerra Química deixou estériles a todos os homes do planeta, levando á humanidade ao bordo da extinción. A bióloga e científica Tania trata de inseminarse para garantir a supervivencia da especie humana, axudada por un sistema de intelixencia artificial chamado VIDA. Porén, todo cambia cando aparece Azarias, un viaxeiro cun pasado escuro e posiblemente un dos últimos homes do planeta.

Personaxes Sophie Gaëlle como Tania Jalsen Santana como Azarías Paz Vega como VIDA Camila Cosio como voz operativa

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes da República Dominicana propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 97ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes da República Dominicana Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes sobre intelixencia artificial Categoría:Filmes distópicos