Skellefteå é un concello sueco do condado de Västerbotten, na provincia histórica do mesmo nome. A súa capital é a cidade de Skellefteå.

O concello naceu coa reforma municipal de 1971 a través dunha transformación da cidade de Skellefteå. No ano 1974 foron incorporados os concellos de Burträsk e Lövånger. Trátase do municipio costeiro con máis superficie do país, e varios ríos, entre eles o Skellefteälven, flúen a través del. Ao redor do 80% da superficie do municipio está cuberta de bosque. O municipio ten un arquipélago con 695 illas no golfo de Botnia. A zona contén o xacemento de Skelleftefältet con mineral de ouro, prata e cobre, que é a base para a comunidade empresarial con empresas como Boliden, que a principios da década de 2020 era o maior empregador privado do municipio. Porén, o maior empregador é o propio concello.

Dende a fundación do concello en 1971 ata mediados da década dos 90 a poboación medrou. Despois a tendencia cambiou e o municipio perdeu habitantes durante os seguintes 20 anos. Dende 2015 a poboación volveu medrar, gañando uns 7 000 habitantes en 10 anos e situandose nos 78 150 en 2025.

Xeografía O concello de Skellefteå limita ao norte co municipio de Piteå, e ao suroeste co de Arvidsjaur, ámbolos dous no condado de Norrbotten. Ao sur limita cos concellos de Umeå e Robertsfors, ao suroeste co de Vindeln, e ao oeste co de Norsjö, todos eles no condado de Västerbotten.

Notas

Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Västerbotten