A avenida de Samil é unha vía urbana da cidade galega Vigo. Ten unha extensión de 2,6 km, e percorre o litoral sur vigués á altura da praia de Samil, a través das parroquias de Alcabre e Navia. A avenida ten un largo variable, cun carril por sentido na parte norte e dous na parte sur. Comeza na confluencia coa avenida da Atlántida, sendo practicamente unha extenión desta, e finaliza ao chegar ao río Lagares, lugar onde comezan as rúa de Canido ou PO-324.
Historia Inicialmente coñeceuse como avenida de Samil o tramo urbano que conectaba o barrio de Coia coa praia de Samil, avenida que se inaugurou en 1968 mais que na actualidade se corresponde coa avenida de Castelao.
En 2024 realizouse unha humanización na que se instalaron bancos, novas farolas e se ampliaron as beirarrúas nun actuación cun orzamento de 2,3 millóns de euros.
Edificios e monumentos singulares Verbum - Casa das Palabras. Nº 17. Museo interactivo sobre a linguaxe, os idiomas e as letras. O rapto de Europa, na rotonda na que conflúe a avenida de Europa.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Outros artigos Paseo marítimo de Samil Praia de Samil
Categoría:Avenidas de Vigo