Luruaco é un concello de Colombia que se atopa no departamento de Atlántico.
Historia Antes da colonización española, no lugar xa había un casarío indíxena, dominado polo cacique Uruaco, que daría orixe ao nome da vila. A súa fundación estabeleceuse o 16 de maio de 1533. Foi descuberta polos españois en 1553.Sistema Nacional de Información Cultural , Ministerio de Cultura de Colombia.
En 1914, a zona converteuse nun correxemento de Sabanalarga. En 1953 creouse o concello co nome de Roberto Urdaneta Arbeláez, na honra do político conservador. Posteriormente, en decembro de 1954, a Asemblea Departamental cambioulle o nome e chamouna San José de Luruaco na honra dos antigos poboadores indíxenas da rexión.Páxina da Gobernación do Atlántico
Notas
Categoría:Concellos do Atlántico