Santo Tomás é un concello de Colombia que se atopa no departamento de Atlántico.

Xeografía Ten unha superficie de 67 km² e atópase a unha distancia de 25 km de Barranquilla, nun terreo lixeiramente ondulado cara ao oeste con forte presenza de zonas lacustres e unha importante ribeira no principal río colombiano, o Magdalena. Dos 67 km², 6,6 son zonas urbanas e o resto, rurais. A súa poboación ascende a 25.500 habitantes (datos do censo de 2015).

Notas

Categoría:Concellos do Atlántico