Usiacurí é un concello de Colombia que se atopa no departamento de Atlántico. Segundo os datos do censo de 2017, ten unha poboación de 9.490 habitantes.Población de Usiacuri, DANE, resultados oficiales del censo 2005, URL última consulta o 1 de agosto de 2010. Coñécese como "O Belén Atlántico" en alusión á tradición do Nadal que evocan as súas pintorescas casas construídas sobre unha topografía irregular. Ademais, o municipio ten varios conxuntos de interese cultural e turístico como o Ben Patrimonial Julio Flórez onde viviu os seus últimos 15 anos de vida o poeta Julio Flórez e as fontes de augas medicinais.

Toponimia O seu nome está formado pola combinación dos termos Usía que significa Señoría, e Curí, o nome do cacique que alí vivía.

Notas

Categoría:Concellos do Atlántico