miniatura|280x280px|Miradoiro de Cabezoás, na Ribeira Sacra. Un miradoiro ou punto de observación é un lugar elevado e singular desde o que se ve un amplo panorama. Poder tratarse dun lugar artificial, coma unha torre de observación, pasarela ou plataforma, ou ben natural, coma unha montaña. É habitual que os miradoiros posúan bancos, zonas de aparcadoiro e binoculares para observar con máis detalle obxectos na distancia.
Características esquerda|miniatura|250x250px|O Halo, ademais de ser un ascensor que comunica dúas rúas de Vigo, é un miradoiro urbano que oferta vistas da cidade da ría homónima. Moitos miradoiros son máis grandes e teñen zonas de aparcadoiro, mentres que algúns (normalmente en autoestradas máis grandes) están completamente fóra da estrada. Os miradoiros tamén se poden atopar en cumios de outeiros ou montañas ou en contrafortes rochosos con vistas a un val e accesibles por unha ruta de sendeirismo. Poden estar protexidos por varandas para protexer ao público ou reforzados cunha torre de observación deseñada para elevar os visitantes sobre o terreo ou as árbores circundantes para ofrecer vistas panorámicas.
Os miradoiros atópanse con frecuencia nos parques nacionais, rutas de sendeirismo ou zonas de observación de animais.
Moitos miradoiros só son accesibles por sendeiros e pasarelas e escaleiras de madeira, especialmente en zonas ecoloxicamente sensibles. Estes miradoiros adoitan ser cubertas de madeira, que minimizan o impacto sobre o terreo ao reducir a necesidade de perturbala para a construción.
Desde os miradoiros (naturais ou artificiais) poden admirar diferentes paisaxes como contornas urbanas, industriais, rurais, paisaxes naturais ou xeográficos, etcétera, e tamén para a observación de aves.
Os miradoiros adoitan estar debidamente sinalizados durante estradas e camiños, e nos propios miradoiros é habitual que existan paneis informativos en varios idiomas, lendas e incluso representacións esquemáticas dos diferentes elementos que conforman a paisaxe.
Tipos miniatura|O miradoiro da Pedra da Rá, en Ribeira, oferta unha visión panorámica da ría de Arousa, a illa de Sálvora e as dunas de Corrubedo.|250x250px Os miradoiros poden clasificarse, segundo a súa localización: Urbanos Rañaceos Monumentos históricos Torres ou outra edificacións contruídas para tal fin Rurais Cumios de montañas Rochas, saíntes, riscos e cantís. Encoros Pontes
Segundo o tipo de ángulo visual, tamén podemos diferenciar entre: Panorámicos: non existen obstáculos nin límites para a visión, e predomina a paisaxe horizontal co predominio do ceo. Pechados: existen barreras visuais, coma por exemplo un bosque, que delimitan o espazo. Focalizados: existe un punto focal protagonisma que domina a escena.
Miradoiros en Galicia En Galicia existen multitude de miradoiros, tanto urbanos, coma rurais; e tanto artificiais coma naturais:
A Coruña miniatura|Miradoiro do Monte de San Pedro, na Coruña. Na provincia da Coruña destacan os seguintes miradoiros:
Miradoiro da Curota, na Pobra do Caramiñal. Miradoiro de Ézaro, no Monte Pindo, en Dumbría. Miradoiro da Torre de Hércules, na Coruña. Miradoiro do Monte de San Pedro, na Coruña.
Lugo miniatura|Miradoiro do Monte Cepudo, coas illas Cíes de fondo. Na provincia de Lugo destacan os seguintes miradoiros:
Miradoiro de Santa Cruz, en Ribadeo. Miradoiro da Capela, na Pobra do Brollón, na Ribeira Sacra.
Ourense Na provincia de Ourense destacan os seguintes miradoiros:
Miradoiro das Penas de Matacás, no Castro de Caldelas. Miradoiro da Batundeira, en Ourense.
Pontevedra miniatura|Miradoiro de Siradella, no Grove. Na provincia de Pontevedra destacan os seguintes miradoiros:
Miradoiro do Monte do Castro, en Vigo. O Halo, en Vigo. Miradoiro do Monte Alba e Monte Cepudo, en Vigo. Miradoiro do Campo da Rata, en Redondela. Miradoiro do Monte do Facho, en Cangas de Morrazo. Miradoiro do Alto do Príncipe, nas Illas Cíes. Miradoiro de Santa Tegra, na Guarda. Miradoiro de Siradella, no Grove.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Vértice xeodésico Sinal de benvida
Ligazóns externas Catálogo das Paisaxes de Galicia Mapa interactivo cos miradoiros de Galicia. Xunta de Galicia.
Categoría:Miradoiros