Tratamos demasiado ben as mulleres (en ) é un filme hispano-francés de 2024 dirixido por Clara Bilbao (no seu debut como directora) a partir dun guión de Miguel Barros que se basea na novela de Raymond Queneau. Está protagonizado por Carmen Machi e Antonio de la Torre. Estreouse nos cinemas españois o 15 de marzo de 2024, con distribución de Filmax.
Sinopse Un día de outono de 1945, un grupo de maquis fuxidos ten a mala idea de tomar a oficina onde Remedios Buendía (Carmen Machi), emocionada, está a probar o seu vestido de noiva. Como resultado, Remedios demostrará ata onde pode chegar na defensa dos seus valores.
Personaxes
Carmen Machi como Remedios Buendía Antonio de la Torre como Doce Luís Tosar como Antonio Isak Ferriz como Bocas Óscar Ladoire como Soria Julián Villagrán como Julián Diego Anido como Antón Felipe Pirazán como Niño Ayax Pedrosa como Heredia Nicolas Grandhomme como Raymond Cris Iglesias como Aurora Oleg Kricunova como Ruso Camilo Rodríguez como Mister Gonzalo de Castro como Aguado Iván Marcos como Canguelo Juan Luis Cano Juan Luis Pérez como Sorolla Josele Santiago como Chispas
Notas
Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes ambientados en 1945 Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes sobre a represión franquista Categoría:Filmes de 2024 con versión en galego