Unha provitamina é unha substancia que pode converterse dentro do corpo nunha vitamina. O termo previtamina é un sinónimo.

O termo "provitamina" adoita usarse para referirse a unha substancia con pouca ou ningunha actividade de vitamina, pero que pode converterse nunha forma activa por procesos metabólicos normais.

Exemplos Algunhas provitaminas son:

"Provitamina A" é outro nome que recibe o β-caroteno, que ten só aproximadamente 1/6 da actividade biolóxica do retinol (vitamina A); o corpo usa un encima para conveter o β-caroteno en retinol. Noutros contextos, tanto o β-caroteno coma o retinol son simplemente considerados diferentes formas de (vitámeros) da vitamina A. "Provitamina B5" é outro nome para o pantenol, que pode ser convertido no corpo en vitamina B5 (ácido pantoténico). A menadiona é unha provitamina sintética da vitamina K. A provitamina D2 é o ergosterol, e a provitamina D3 é o 7-deshidrocolesterol. Ambas son convertidas pola luz UV en vitamina D. O corpo humano produce provitamina D3 naturalmente; a deficiencia adoita ser causada por unha falta de exposición ao sol, non por unha falta da provitamina.

Notas

Categoría:Vitaminas