Edward Everett Burr (coñecido artisticamente como Everett Burr) nado en Lebanon, Ohio, o 18 de xaneiro de 1895 e finado en Memphis , Tennessee, o 6 de agosto de 1986, foi un profesor de arte, escultor, medallista e deseñador de moedas estadounidense.
Traxectoria
Primeiros anos e formación en Alemaña Everett Burr naceu en xaneiro de 1895 en Lebanon, condado de Warren, Ohio, o máis novo dos tres fillos de Virginia Stainback Hamlin (1868-1915)"Virginia Stainback Hamlin Burr". Findagrave.com e do avogado George Alfred Burr (1863-1949),"George Alfred Burr". Findagrave.com máis tarde ministro metodista."Edward Everett “Everett” Burr". Findagrave.comSmith, P. (2012)."Edward Everett Burr (1895-1986)". Enciclopediaofarkansas. net
Burr cumpriu o seu servizo militar en 1917, dous anos despois de ficar orfo de nai, e na súa xuventude traballou nunha factoría de automoción en Detroit.
Na década de 1920 desenvolveu a súa formación artística na escola do Instituto de Arte de Chicago, onde tivo como mestres, entre outros, o retratista Leopold Seyffert e o escultor Albin Polasek.
Carreira artística Everett Burr instalouse en Chicago e comezou a traballar como deseñador gráfico publicitario nunha compañía de artes gráficas. As súas primeiras exposicións salientables foron a do Instituto de Arte de Chicago en 1926, a da Academia de Belas Artes de Illinois en 1927 e a patrocinada pola Sociedade Renacentista en 1931. En 1933 participou con dúas obras na Exposición Universal de Chicago, e ese mesmo ano foi premiado polo Instituto de Arte de Chicago.
Paralelamente á súa obra pictórica e escultórica, Burr é coñecido polas súas incursións na medallística e, sinaladamente, no deseño de moedas, xa que resultou gañador do concurso convocado en 1934 pola Comisión do Centenario de Arcansas para elixir o deseñador dunha moeda de medio dólar conmemorativo da efeméride. Malia o éxito no concurso, a Comisión de Belas Artes dos Estados Unidos rexeitou inicialmente, en xullo de 1934, os modelos propostos por Burr para o anverso e o reverso da moeda, aínda que finalmente estes foron aprobados en marzo de 1935, e a moeda foi cuñada nas cecas de Filadelfia, de Denver e de San Francisco entre 1935 e 1939."½ Dollar Arkansas". Numista.com O mesmo deseño do reverso utilizouse tamén en posteriormente, en 1936, para a moeda de medio dólar dedicada ao senador Joseph T. Robinson, xunto cun reverso creado ad hoc polo artista Henry Kreiss."½ Dollar Arkansas Centennial". Numista.com"Arkansas Centennial Commemorative Half Dollars". Encyclopediaofarkansas.net
Ademais das moedas, Burr creou tamén algunhas medallas coñecidas, como a conmemorativa do Sesquicentenario de Memphis, para a US Mint (1969)."Medal - Memphis Sesquicentennial Memphis, Tennessee". Numista.com
Entre as súas creacións posteriores mestúranse pinturas e esculturas figurativas con diversas representacións arquitectónicas e arte publicitaria, como anuncios de automóbiles. Tamén exerceu a docencia no campus de Navy Pier da Universidade de Illinois en Chicago, así como na Universidade de Illinois en Urbana-Champaign e na Universidade do Noroeste, en Evanston, ata que se retirou da docencia universitaria en 1963.
Vida persoal Edward Everett Burr casou en 1946 con Margaret Love Stewart (1903-1988), de Memphis, Tennessee."Margaret Love Stewart Burr". Findagrave.com Logo do seu matrimonio, a parella abandonou Chicago e instalouse na cidade da súa muller, para coidar a nai desta.
Logo do seu retiro da docencia, continuou impartindo clases como voluntario nun centro para persoas maiores en Memphis ata uns meses antes do seu falecemento, o 6 de agosto de 1986, aos 91 anos. Tanto o seu corpo como o da súa muller, finada dous anos despois, foron doados á ciencia.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Smith, P. (2012). "Burr, Edward Everett". En American Numismatic Biographies. Páxina 70.
Categoría:Nados en 1895 Categoría:Nados no condado de Warren, Ohio Categoría:Finados en 1986 Categoría:Escultores dos Estados Unidos de América Categoría:Deseñadores de moeda dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Escola do Instituto de Arte de Chicago Categoría:Profesores da Universidade de Illinois Chicago Categoría:Profesores da Universidade de Illinois Urbana-Champaign Categoría:Profesores da Universidade do Noroeste Categoría:Personalidades sen imaxes