Pigres de Halicarnaso (latín: Pigres, grego antigo: Πίγρης) foi un poeta cario que escribía en grego, natural de Halicarnaso. Traxectoria Era irmán ou fillo de Artemisia I de Halicarnaso, a famosa raíña de Caria. Segundo a Suídas, escribiu as obras Marxites e Batracomiomaquia. A segunda obra tamén lla atribúe Plutarco, e moi probabelmente fose súa, pero en canto á primeira se cadra só a modificou. Unha das súas intervencións literarias foi moi orixinal, e consistiu en incorporar un verso pentámetro despois de cada verso hexámetro da Ilíada: Μῆνιν ἄειδε θεὰ Πηληϊάδεω Ἀχιλῆος Μοῦσα· σὺ γὰρ πάσης πείρατ᾽ ἔχεις σοφίης. Algúns autores cren que aínda que Marxites non fose obra súa, modificouna dalgún xeito, e deste xeito pasou á posteridade. Suponse que intercalou o metro iámbico entre os hexámetros da obra. Parece ser o primeiro poeta en utilizar o trímetro iámbicoPigres en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. III Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 366. Notas
Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Personalidades de Halicarnaso na Antigüidade Categoría:escritores en lingua grega antiga Categoría:Poetas de Grecia Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido