Thomas van den Belt, nado en Zwolle o 18 de xuño de 2001, é un futbolista neerlandés que xoga como centrocampista no Castellón, da Segunda División, cedido polo Feyenoord.

Traxectoria

PEC Zwolle Comezou a xogar ao fútbol aos cinco anos na canteira do DOS Kampen, pasando en 2012 ás categorías inferiores do PEC Zwolle. Debutou co primeiro equipo na Eredivisie o 26 de setembro de 2020, substituíndo a Yūta Nakayama na segunda metade dun partido ante o Sparta Rotterdam.

Destacou especialmente na tempada 2022/23, na que marcou 16 goles na Eerste Divisie, a pesar de non xogar como dianteiro. As súas excepcionais actuacións valéronlle o premio ao mellor xogador da tempada.

Feyenoord O 29 de marzo de 2023 anunciouse a súa fichaxe polo Feyenoord, co que asinou un contrato por catro anos desde o inicio da tempada 2023/24. Debutou co club o 4 de agosto, substituíndo a Marcus Holmgren Pedersen no minuto 83 dunha derrota por 1-0 ante o PSV na Johan Cruyff Shield. O 13 de decembro debutou en competición europea, nunha derrota por 2-1 ante o Celtic na fase de grupos da Liga de Campións.

Cesión ao Castellón O 1 de agosto de 2024 foi cedido ao Castellón, da Segunda división española.

Notas

Categoría:Nados en 2001 Categoría:Nados en Overijssel Categoría:Futbolistas dos Países Baixos Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Feyenoord Rotterdam Categoría:Xogadores do CD Castellón