Silverio Bustillo Puga, nado en Viana do Bolo en 1890 e finado no mesmo concello o 27 de novembro de 1949, foi un mestre e político galego.
Traxectoria Mestre da escola de nenos de Viana do Bolo dende 1922.La Región, 20-5-1922, p. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro de Viana do Bolo e elixido tenente alcalde en 1925.El Pueblo Gallego, 11-11-1925, p. 2. Logo da morte do alcalde Darío Macía Valcarce en outubro de 1928, foi nomeado alcalde de Viana do Bolo.El Pueblo Gallego, 17-10-1928, p. 13. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 volveu ser alcalde de Viana do Bolo. Foi multado pola Fiscalía de Taxas por irregularidades na distribución da cota de racionamento en 1943.El Pueblo Gallego, 22-7-1943, p. 5. En 1946 trasladouse á Escola unitaria de Carabanchel Bajo.El Correo Gallego, 14-5-1946, p. 5. Finou en Viana do Bolo o 27 de novembro de 1949 con 59 anos.El Pueblo Gallego, 4-12-1949, p. 5.
Vida persoal
Casou con Consuelo Ceballos Santamaría. Notas
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Alcaldes de Viana do Bolo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Viana do Bolo Categoría:Nados en 1890 Categoría:Finados en 1949