A avenida de Madrid é unha vía urbana de Vigo, correspondente ao primeiro tramo da A-55 ou Autovía do Atlántico, unha autovía galega que une as localidades de Vigo e Tui en Pontevedra e continúa ata a fronteira con Portugal onde se transforma na A3 (Autoestrada Porto - Valença). Comeza na praza de España. Está xestionada polo Ministerio de Fomento de España e constitúe a arteria de entrada e saída a Vigo polo sur.
Morfoloxía e urbanismo A avenida de Madrid ten unha lonxitude de 2,1 quilómetros en liña recta e con pendente dun 3,4% descendente até confluír coa A-55. Está dividida en varias seccións: unha central, con dous carrís por sentido separados por unha mediana de formigón; e dous carrís por sentido ás marxes, separados dos carreiros centrais por unhas medianas de formigón e metal duns dous metros de altura. Os carrís periféricos correspóndense coa estrada N-120, e posúen beirarrúas para os viandantes.
Ten unha altitude duns 93 metros sobre o nivel do mar, e descende progresivamente nunha pendente lixeiramente inclinada cara ao río Lagares, que o trazado atravesa cara ao PK.1+920, a 28 metros sobre o nivel do mar; unha vez pasado o leito do río, a ruta ascende de novo ata chegar a unha cota de 40 metros sobre o nivel do mar, xa baixo a denominación de A-55.
Edificios e lugares senlleiros Antigo hospital Cíes, S/N. Hotel Los Galeones, nº 21. Pazo e Ermida de San Roque, rúa Filipinas S/N.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Avenida (urbanismo) Bulevar
Categoría:Avenidas de Vigo