Nicóstrato (en grego Νικόστρατος; en latín, Nikóstratos) foi un poeta cómico ateniense que, segundo Apolodoro, era o máis novo dos tres fillos de Aristófanes. Traxectoria Ateneo de Naucratis inclúeo entre os poetas da Comedia Media, pero parece que pertenceu polo menos en parte á Comedia Nova. Harpócrates menciona a súa obra , que sería do grupo de comedia nova, e algúns personaxes doutras obras tamén van na mesma dirección, como en Βασιλεῖς (Basileis), onde introduciu a figura do soldado presuntuoso, e Τοκιστής cun prestamista cobizoso (Tokistés 'prestamista'). Focio fala da súa paixón por unha muller chamada Tetixidea (en grego Τεττιγιδαία, Tettigidaia), paixón que o levou a se suicidar saltando da Rocha Leucada.
Os títulos das súas obras son: (Ántyllos) (Oinotíon) (Pandrosos) (Hierofanta) (Kline, 'triclinio') (Abra, 'delicada')
(Hesíodo) (Diábolos, 'calumniador') (Anterosa "'a que pede') (Hécate) (Mágeiros, 'cociñeiro')
(Otis, 'avetarda') (Plutos) (Siros 'sirio') (Apelaunómenos, 'excluídos') (Pseudostigmatías, 'falsos escravos') As tres primeiras atribúense principalmente a Filetero, un posíbel terceiro fillo de Aristófanes1.Nicostratus en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. II Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 1201. Notas
Categoría:Escritores en lingua grega antiga Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Personalidades de Atenas na Antigüidade Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido