Felisa Segade Otero, nada en Santiago de Compostela, é unha pandeireteira e vocalista galega.
Traxectoria Xunto con Mercedes Rodríguez e Montse Rivera formaba parte da agrupación compostelá Cantigas e Agarimos, onde comezou a tocar a pandeireta con 14 anos e tamén a facer recollidas de música tradicional. Felisa impartía, ademais, aulas de canto e pandeireta en Cacheiras. Como pandeireteira de Cantigas e Agarimos participou en 1986 no traballo discográfico do grupo Milladoiro Galicia no país das maravillas.
Foi na asociación Rosalía de Castro de Cacheiras onde entrou en contacto coas irmás Ana e Rosario Rodríguez, e con elas, Montse Rivera, Merchi Rodríguez e Lucía Vázquez creou o grupo Leilía no verán de 1989. Após cinco traballos discográficos, multitude de concertos, espectáculos, recoñecementos e unha longa carreira de máis de trinta anos, en 2023, durante a xira Vidas Cantadas, Leilía anunciou a súa despedida dos escenarios.
Dende o ano 2013 forma parte tamén do trío musical Tres Pesos, actualmente composto Xoán Porto e Xosé Antón Ferreira (Pepe de Calo). En febreiro de 2025 presentaron o seu terceiro disco, titulado Cantares e contares.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista coa A.C. Vai Rañala Meu! en YouTube.
Categoría:Cantantes de Galicia Categoría:Grupos galegos de música tradicional Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados no século XX