Teresa López González, nada en Bueu o 7 de febreiro de 1880 e finada no mesmo concello o 17 de maio de 1953, foi unha mestra galega.

Traxectoria Fixo a carreira de Maxisterio na Normal de Pontevedra, rematando en 1898.El Diario de Pontevedra, 26-1-1898, p. 3. Exerceu a profesión nun colexio particular. Foi mestra da escola nacional de Cela durante nove anos. Destinárona á escola de Donsión en 1910,El Noticiero Gallego, 4-12-1910, p. 1. onde foi mestra de Laxeiro. En 1926 pasou á escola de Beluso,El Diario de Pontevedra, 23-2-1926, p. 2. durante seis anos. De alí trasladouse á escola número 1 de Bueu onde exerceu de 1931 a 1936. En 1931 ascendeu de categoría e soldo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendida de emprego e soldo o 30 de agosto.El Diario de Pontevedra, 31-8-1936, p. 2. Denunciada pola súa substituta María Cabeza de Dios, que a acusou de manipular as nenas co obxectivo de minar a súa autoridade docente.Denúncia contra a mestra Teresa López González. Bueu, 1936 Foi rapada durante a guerra acusada de ser de "esquerdas"; isto serviu de escusa para facer que unha rúa atravesase a súa propiedade.Maestros de Bueu suspendidos de sus cargos Levántaronlle a suspensión en outubro de 1938.El Diario de Pontevedra, 8-10-1938, p. 4. Como resultado do proceso de depuración foi sancionada con traslado forzoso dentro da provincia en maio de 1940,El Noticiero Gallego, 11-5-1940, p. 2. e trasladada a Tui en novembro.El Pueblo Gallego, 6-11-1940, p. 5. Xubilouse como mestra en Tui. Finou en Bueu o 17 de maio de 1953.Necrolóxica en Hoja Oficial del Lunes, 18-5-1953, p. 3.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Doña Teresa, la primera maestra de Laxeiro

Ligazóns externas El primer cuadro de Laxeiro sigue en Bueu y nunca se expuso

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Bueu Categoría:Nados en 1880

Categoría:Finados en 1953 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes