A tempada 2003-2004 da Naisten SM-sarja foi a 22ª edición da máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino de Finlandia. Ao finalizar a tempada as Blues gañaron o cuarto campionato da súa historia logo de derrotar nas finais (3-0) ás xogadoras do Ilves de Tampere. Pola súa banda as Kärpät de Oulu conseguiron a medalla de bronce logo de derrotar ás xogadoras do IHK no partido polo bronce (4-3).
Equipos participantes NomeCidadeBlues EspooIlves TampereIHK HelsinquiJyväskylä Hockey Cats JyväskyläKärpät OuluTappara TampereTPS TurkuYlöjärvi-Ilves Ylöjärvi
Rolda preliminar Ao principio da tempada xogouse unha rolda preliminar en formato de liga todos contra todos a dobre volta, co que cada equipo xogou un total de 14 partidos. Os seis equipos mellor clasificados disputaron a liga regular, mentres que os dous últimos disputaron a promoción.
Pos. Equipo PX V E OTL D GF GC DG Pts1Blues 14 12 1 1 0 116 31 +85 252Ilves 14 12 0 1 1 97 30 +67 253Kärpät 14 11 1 2 0 86 31 +55 234IHK 14 8 0 6 0 81 42 +39 165Tappara 14 5 1 8 0 49 46 +3 116Cats 14 4 1 9 0 35 63 -28 97TPS 14 2 0 12 0 24 91 -67 48Ylöjärvi-Ilves 14 0 0 13 1 4 158 -154 1
Grupo final No grupo final acumuláronse os resultados colleitados na rolda preliminar e os dous primeiros da táboa clasificáronse directamente para as semifinais, mentres que os cato restantes disputaron os cuartos de final.
Pos. Equipo PX V OTW E OTL D GF GC DG Pts1Blues 24 20 0 1 0 3 155 51 +104 412Ilves 24 16 0 3 1 4 131 59 +72 363Kärpät 24 15 1 4 0 4 121 55 +66 364IHK 24 12 1 1 0 10 125 73 +52 275Tappara 24 8 0 2 0 14 69 81 -12 186Cats 24 5 0 1 1 17 45 106 -61 12
Play-offs As series polo título decidíronse entre os seis equipos do grupo final. As semifinais e as finais disputáronse ao mellor de cinco partidos, mentres que as eliminatorias de cuartos se disputaron ao mellor de tres partidos e o partido polo bronce, que se disputou a partido único.
Equipo campión O equipo das Blues que conquistou o campionato finlandés feminino na tempada 2003-04 estivo integrado polas seguintes xogadoras:
Blues Porteiras: Heidi Wiik, Mia Kataja, Heidi Virtanen
Patinadoras: Karoliina Rantamäki, Petra Vaarakallio, Marika Jestoi, Sari Fisk, Päivi Halonen, Oona Parviainen, Satu Tuominen, Pia Lallukka, Johanna Pelkonen, Hanna Kuoppala, Essi Hallvar, Anna Julin, Emma Toivanen, Jenni Rautanen, Minna Pohjola, Piiamaria Kuosmanen, Maria Tulensalo, Heli Romu </div>
Promoción Nesta tempada, os dous peores equipos da rolda preliminar (TPS e Ylöjärvi-Ilves) disputaron o grupo final da I-divisioona cos seis mellores equipos da segunda categoría. O grupo xogouse en formato de liga a dobre volta todos contra todos, co que cada equipo xogou un total de 14 partidos. O primeiro clasificado do grupo disputou a serie de ascenso contra o equipo perdedor da primeira eliminatoria pola permanencia xogada polos dous equipos perdedores dos cuartos de final da Naisten SM-sarja. Ao finalizar os 14 partidos do grupo final, o LoKV de Lohja ocupou a primeira posición da táboa clasificouse para disputar a serie de promoción.
Primeira rolda
Tappara gaña a serie e se mantén na categoría.
Segunda rolda
Cats gañan a serie e se manteñen na categoría.
Notas
2004 Categoría:Hóckey sobre xeo en 2003 Categoría:Hóckey sobre xeo en 2004