Eneko Jauregi Escobar, nado en Muxika o 13 de xullo de 1996) é un futbolista vasco que xoga como dianteiro no Racing de Ferrol, da Segunda División.

Traxectoria Nado en Muxika, formouse como futbolista na canteira do Gernika Club. Rematada a súa etapa como xuvenil, foi incorporado pola Real Sociedade, que o asignou ao Berio, da Terceira División. Para a tempada 2015/16 foi ascendido á Real Sociedad B, da Segunda División B.

O 29 de xaneiro de 2018 asinou un contrato de dous anos e medio co Cádiz CF de Segunda División, sendo cedido inmediatamente ao Córdoba CF, da mesma categoría. Debutou na división de prata o 11 de febreiro de 2018, substituíndo a Juanjo Narváez na segunda metade dunha derrota por 1-5 ante o Tenerife. O 23 de agosto foi cedido ao Atlético Levante por un ano.

Na tempada 2019/20 militou no Asteras Tripolis da Superliga de Grecia, antes de regresar ao fútbol español en setembro de 2020, cando fichou polo UCAM Murcia. Posteriormente pasou polas filas do Lleida Esportiu e do San Sebastián de los Reyes.

En xullo de 2022 pasou ao Amorebieta, que viña de descender á Primeira Federación. Foi o máximo goleador do equipo vasco durante a campaña 2022/23, con 15 goles, sendo unha peza clave para o ascenso á Segunda División. O 18 de xullo de 2024, despois de descender de novo, fichou polo Racing de Ferrol.

Notas

Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados en Muxika Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores da Real Sociedad B Categoría:Xogadores do Cádiz CF Categoría:Xogadores do Córdoba CF Categoría:Xogadores do Levante UD B Categoría:Xogadores do Lleida Esportiu Categoría:Xogadores da UD San Sebastián de los Reyes Categoría:Xogadores da SD Amorebieta Categoría:Xogadores do Asteras Tripolis FC Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol