David Castro Pazos, nado en Cuntis o 9 de outubro de 1995, é un futbolista galego que xoga como defensa no Racing de Ferrol, da Segunda División.

Traxectoria Formado na canteira do Pontevedra, tras rematar a súa etapa como xuvenil pasou polas filas do Portonovo SD, o Estradense e o Céltiga.

En xuño de 2017 regresou a Pontevedra, agora como integrante do primeiro equipo, que militaba na Segunda División B. Militou dous anos no club granate, disputando 66 partidos oficiais e proclamándose campión da Copa Federación.

No verán de 2019 foi traspasado ao Valencia CF, que o destinou ao seu filial, tamén de Segunda B. O 6 de setembro de 2020 rescindiu o seu contrato co club valenciano e pasou ao Numancia, da mesma categoría.

O 18 de xuño de 2021 fichou polo Racing de Ferrol da Primeira Federación. Axiña se fixo coa titularidade e na tempada 2022/23 contribuíu con 35 partidos de liga ao ascenso do equipo á Segunda División despois de 15 anos de ausencia. Debutou na categoría de prata o 12 de agosto de 2023, nunha vitoria por 0-1 ante o Elche.

Notas

Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados en Cuntis Categoría:Futbolistas de Cuntis Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Portonovo SD Categoría:Xogadores do CD Estradense Categoría:Xogadores do Céltiga FC Categoría:Xogadores do Pontevedra CF Categoría:Xogadores do Valencia CF Mestalla Categoría:Xogadores do CD Numancia Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol