Prangli (en ) é unha illa de Estonia no golfo de Finlandia. Prangli forma parte da parroquia de Viimsi. En Kelnase hai un porto que está conectado por transbordador a Leppneeme, no continente. A vexetación, sobre todo no leste da illa, é principalmente de abetos.
Historia Os primeiros rexistros escritos coñecidos de Prangli datan de 1387. A illa chamábase daquela Rango e fora colonizada por suecos. Sábese que os primeiros habitantes de fala estoniana viviron na illa no século XVII.
O faro de Prangli foi construído en 1923.
En 1941, o barco de vapor estoniano Eestirand naufragou na costa da illa Prangli logo dun ataque aéreo alemán. O Eestirand formaba parte dunha frota de barcos que transportaban tropas soviéticas a Leningrado durante a evacuación soviética de Talín. A tripulación e os recrutas estonianos lograron desarmar o persoal militar soviético a bordo do barco e tomar o control da illa, izando a bandeira da República de Estonia no alto dun piñeiro. A revolta salvou aproximadamente 2.700 recrutas, a maioría deles estonianos, de ser mobilizados a Leningrado. Despois da guerra, un monumento foi colocado na illa en homenaxe aos falecidos na traxedia.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Prangli
Categoría:Illas de Estonia