"Beijerinck" redirixe aquí. Para o cráter lunar, ver Beijerinck (cráter).

miniatura|Martinus Beijerinck. miniatura|O laboratorio de Microbioloxía de Delft, onde traballou Beijerinck de 1897 a 1921.

Martinus Willem Beijerinck (pronunciado en holandés [mɑrˈtinʏs ˈʋɪləm ˈbɛiərɪŋk], AFI), nado o 16 de marzo de 1851, finado o 1 de xaneiro de 1931, foi un microbiólogo e botánico holandés que foi un dos fundadores da viroloxía e a microbioloxía ambiental. Considérase un dos codescubridores dos virus (1898), aos cales el chamou "contagium vivum fluidum".

Vida Primeiros anos e educación

Nado en Amsterdam, Beijerinck estudou na Escola Técnica de Delft, onde recibiu o grao de bioloxía en 1872. Obtivo o seu doutoramento en Ciencias na Universidade de Leiden en 1877.

Daquela, Delft, que entón era un Politécnico, non tiña o dereito de outorgar doutoramentos, así que Leiden facía isto por ela. Converteuse en profesor de microbioloxía na Escola de Agricultura de Wageningen (agora Universidade de Wageningen) e posteriormente na Polytechnische Hogeschool Delft (Politécnica de Delft, hoxe Universidade de Tecnoloxía de Delft) (desde 1895). Fundou a Escola de Delft de Microbioloxía. Os seus estudos de microbioloxía agrícola e industrial proporcionaron descubrimentos fundamentais no campo da bioloxía. Os seus logros foron quizais inxustamente ensombrecidos polos dos seus contemporáneos Robert Koch e Louis Pasteur, porque, a diferenza deles, Beijerinck nunca estudou doenzas humanas.

En 1877 publicou o seu primeiro artigo de investigación notable, discutindo os bugallos das plantas. O artigo foi a base da súa tese de doutoramento.

En 1885 chegou a ser membro da Academia Real dos Países Baixos de Artes e Ciencias.

Carreira científica miniatura|Beijerinck trabalando no seu laboratorio. Considérase un dos fundadores da viroloxía. En 1898, publicou os resultados sobre os experimentos sobre filtracións demostrando que a enfermidade do mosaico que afectaba a planta do tabaco era causada por un axente infeccioso máis pequeno que unha bacteria. Traducido ao inglés en Johnson, J., Ed. (1942) Phytopathological classics. (St. Paul, Minnesota: American Phytopathological Society) No. 7, pp. 33–52 (St. Paul, Minnesota)

Os seus resultados concordaban con observacións similares feitas por Dmitri Ivanovsky en 1892. Traducido ao inglés en Johnson, J., Ed. (1942) Phytopathological classics (St. Paul, Minnesota: American Phytopathological Society) No. 7, pp. 27–-30. Igual que Ivanovsky antes ca el e que Adolf Mayer, o seu predecesor en Wageningen, Beijerinck non podía cultivar o axente infeccioso filtrable; porén, concluíu que o axente podía replicarse e multiplicarse nas plantas vivas. Nomeou o novo patóxeno virus para indicar a súa natureza non bacteriana. Beijerinck afirmou que o virus era algo de natureza líquida, e chamouno "contagium vivum fluidum" (fluído vivo contaxioso). Ata que Wendell Stanley obtivo os primeiros cristais do virus do mosaico do tabaco (TMV) en 1935, non se puideron tomar as primeiras micrografías electrónicas do TMV realizadas en 1939 e a primeira análise cristalográfica de raios X do TMV realizada en 1941, que demostraban que os virus eran particulados.

Beijerinck investigou tamén a fixación do nitróxeno,Beijerinck, M.W, 1901, Über oligonitrophile Mikroben, Centralblatt für Bakteriologie, Parasitenkunde, Infektionskrankheiten und Hygiene, Abteilung II, Vol 7, pp. 561–582 o proceso polo cal o gas nitróxeno diatómico do aire se converte en ións amonio e queda en situación dispoñible para o seu uso polas plantas. Algunhas bacterias realizan a fixación do nitróxeno, vivindo dentro de nódulos radiculares das plantas leguminosas. Ademais de descubrir a reacción bioquímica vital para fertilidade do solo e a agricultura, Beijerinck revelou este exemplo arquetípico de simbiose entre plantas e bacterias.

Beijerinck descubriu o fenómeno da redución do sulfato bacteriana, unha forma de respiración anaerobia. Descubriu que algunhas bacterias podían usar o sulfato como aceptor de electróns terminal, en vez do oxíxeno. este descubrimento tivo un importante impacto sobre os nosos coñecementos actuais dos ciclos bioxeoquímicos. A especie Spirillum desulfuricans, agora chamada Desulfovibrio desulfuricans, a primeira bacteria coñecida redutora de sulfato, illouna e describiuna Beijerinck.

Beijerinck inventou o cultivo (ou medio) de enriquecemento, un método fundamental para estudar microbios procedentes do ambiente. A miúdo atribúeselle incorrectamente perfilar a idea da ecoloxía microbiana de que "todo está en todas partes, pero o ambiente selecciona", que, en realidade, foi formulada por Lourens Baas Becking.

Vida persoal

Beijerinck foi unh figura socialmente excéntrica. Era verbalmente abusivo cos estudantes, nunca casou, e tiña poucas colaboaracións profesionais. Tamén foi coñecido polo seu estilo de vida ascético e a súa idea de que a ciencia e o matrimonio eran incompatibles. A súa escasa popularidade cos seus estudantes e os seus pais periodicamente lle producía depresións, xa que el gustaba moito de espallar o seu entusiasmo pola bioloxía na clase. Despois do seu retiro na Escola de Microbioloxía de Delft en 1921, á idade de 70 anos, trasladouse a Gorssel, onde viviu o resto da súa vida, xunto coas súas dúas irmás. Morreu alí en 1931.

Recoñecementos Azotobacter beijerinckii (unha especie de bacterias), Beijerinckia (un xénero de bacterias), Beijerinckiaceae (unha familia de Hyphomicrobiales), e o cráter lunar Beijerinck reciben os seus nomes en honra de Martinus Beijerinck.

O Premio de Viroloxía M.W. Beijerinck (M.W. Beijerinck Virologie Prijs) outórgase na súa honra.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Historia da viroloxía Nitrificación Clostridium beijerinckii Sergei Winogradsky

Ligazóns externas

Beijerinck and the Delft School of Microbiology Viruses and the Prokaryotic World

Categoría:Microbiólogos Categoría:Nados en 1851 Categoría:Finados en 1931 Categoría:Botánicos dos Países Baixos