A Minecraft Movie é un filme estadounidense de aventuras, comedia e acción do ano 2025 baseado no videoxogo do mesmo nome da empresa sueca Mojang Studios. Dirixiuno Jared Hess a partir dun guión de Chris Bowman, Hubbel Palmer, Neil Widener, Gavin James e Chris Galletta, á súa vez baseado nunha historia de Allison Schroeder, Bowman e Palmer. Está protagonizado por Jason Momoa, Jack Black, Danielle Brooks, Emma Myers e Sebastian Hansen. No filme, catro inadaptados son arrastrados por un portal cara a un mundo cúbico, e deben embarcarse nunha busca de volta ao mundo real coa axuda dun "crafter experto" chamado Steve.

Personaxes

Jason Momoa como Garrett "The Garbage Man" Garrison, propietario dunha tenda de videoxogos e antigo campión de xogos. Jack Black como Steve, un antigo vendedor de picaportes que leva anos vivindo no Overworld. Emma Myers como Natalie, a irmá máis vella de Henry e a súa titora legal. Danielle Brooks como Dawn, unha axente inmobiliaria que dirixe un zoolóxico móbil. Sebastian Hansen como Henry, o creativo irmán máis novo de Natalie. Jennifer Coolidge como vicedirector Marlene, da escola de Henry Rachel House como a voz de Malgosha, o gobernante piglin do Nether. Jemaine Clement como: Daryl, un poxador. a voz de Bruce, o pai de Malgosha. Jared Hess como a voz do xeneral Chungus, un piglin de alto rango no exército de Malgosha. Matt Berry como a voz de Nitwit, un aldeano sen traballo. Os youTubers DanTDM, Aphmau, Mumbo Jumbo E LDShadowLady fan cameos como asistentes a unha poxa. Jens Bergensten, que é un dos deseñadores principais de Minecraft, fai un cameo como camareiro. O porco que leva unha coroa é unha homenaxe ao YouTuber falecido Technoblade. Nunha escena posterior aos créditos, Kate McKinnon fai un cameo sen acreditar como a voz de Alex, unha muller que vive na casa de Steve. Alice May Connolly é a actriz física de Alex.

Acollida A Minecraft Movie bateu algúns récords: superou a The Super Mario Bros. Movie no mellor debut dun filme inspirado nos videoxogos, recadando 57 millóns de dólares, incluíndo 10 millóns xerados durante as proxeccións previas do xoves. Ademais, superou axiña a toda a recadación de filme de Five Nights at Freddy's na súa primeira fin de semana de estrea, outra película baseada nun videoxogo.

Notas

Categoría:Filmes de 2025 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Jared Hess Categoría:Filmes producidos por Jason Momoa Categoría:Filmes de aventuras dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de comedia dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes adiados por mor da pandemia de COVID-19 Categoría:Filmes rodados en Nova Zelandia Categoría:Filmes ambientados en Idaho Categoría:Filmes de Legendary Pictures Categoría:Filmes de Warner Bros.