Patricia Anne Jessop, nada en Preston, Lancashire, en outubro de 1963,"Patricia Anne Jessopp". Find-and-update.company-information.service.gov.uk é unha empresaria británica, directora da Real Casa da Moeda do Reino Unido desde 2018.
Traxectoria
O pai de Anne Jessopp era o xerente da súa propia empresa de carpintaría e acristalamento en Preston, Lancashire, onde ela naceu en 1963. A actividade empresarial da súa familia espertou a súa vocación para os negocios.Ashton, J. (2021). "Royal Mint boss: 'Bitcoin is not a rival, we serve those who want backing of gold'". En The Telegraph. 16 de febreiro.
Logo de ocupar postos de responsabilidade en compañías como Procter and Gamble, RAC ou Rolls-Royce, ingresou na Royal Mint, onde ocupou o cargo de directora do departamento de moedas conmemorativas. En 2018 foi nomeada Deputy Master of the Mint, un título equivalente ao de directora executiva da ceca real londiniense, a primeira muller que accede á dirección da entidade nos seus máis de 1.100 anos de historia."Anne Jessopp - The Royal Mint's Chief Executive". Royalmint.com"Sterling work for equality at the Royal Mint". En The Times. 17 de febreiro de 2018.Pyke, C. (2018). "First female chief appointed to Royal Mint in its one thousand year history". En Walesonline.co.ok. 16 de febreiro.Kottasová, I. (2018). "Royal Mint gets first woman boss in 1,100 years ". En Money.cnn.com. 16 de febreiro."Alexander Interviews Royal Mint's Anne Jessopp". En The E-Sylum. Volume 19. Nº 17. 24 de abril de 2016.
Co gallo das condecoracións de Aninovo de 2024, Jessopp foi nomeada comendadora da Orde do Imperio Británico, polos seus servizos á industria e ao sector financeiro."Supplement 64269". En The London Gazette. 30 de decembro de 2023.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Royal Mint
Ligazóns externas
Royal Mint
Categoría:Nados en Lancashire Categoría:Nados en 1963 Categoría:Arqueólogos de España Categoría:Orde do Imperio Británico Categoría:Personalidades sen imaxes