Gabriel Romero de Ávila Cabezón, nado en Madrid o 9 de decembro de 1978, é un médico e escritor en galego e castelán residente en Galicia.

Traxectoria

Naceu en Madrid, estudou Medicina e viviu en Leeds, Newcastle, Tenerife, Pontevedra e Vigo.

Foi o creador de diversos contacontos para adultos, colaborador da sección cultural do diario VigoÉ desde 2016 e da Revista Inviable desde 2023, é membro da Sociedade Jules Verne de Vigo desde 2019. Ten publicado numerosos relatos, sobre todo en VigoÉ.

Obras

Galego

Odio (2025). Vigo: Galaxia. 158 páxs. ISBN 978-84-1176-472-8.

Castelán

Kryptogonía (2013). Madrid: Colección Órbitas Prohibidas nº 2. Editorial Planetas Prohibidos. Nilidiam (2014). Madrid: Editorial Universo. E edición especial a beneficio de Save the Children, para axudar os refuxiados (Vigo, 2018). La reina demonio del río Isis (2016). Vigo: Editorial Trymar, El cazador de tormentas (2021). Vigo: Los Libros del Salvaje. La senda de Jhebbal Sag (2021). Publicada por entregas en VigoÉ entre o 14 de xullo e o 13 de agosto de 2021.

Libros colectivos

Action Tales. Antología pulp (2013). Salamanca: DLorean Ediciones. XYY. Cromoma asesino (2014). Madrid: Editorial Universo. Madrid. ¡Zombifícalo! (2014). Madrid: Dissident Tales Editorial. Western Tales. Antología del Oeste (2015). Salamanca: DLorean Ediciones. Salamanca. Herederos de Cthulhu (2016). Madrid: Kokapeli Ediciones. Almas desahuciadas (2020). Madrid: Lektu. Ñu Bokk (2022). Madrid: Lektu.

Premios

2008: premiado no II Concurso de Relato Corto do Concello de Nigrán. 2018: Finalista no VII Certame de Relato Corto «Non te durmas». FANPA Pontevedra – Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). 2019: Finalista no Certame de Relato Corto Aliteraclara en Vigo. 2024: Seleccionado no VIII Concurso de Microcontos «Microfantasías». Madrid.

2025: I Premio Xosé Neira Vilas de Literatura Xuvenil, por Odio.

Notas

Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1978 Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Médicos de Galicia