Ginés Fernández Sierra, nado en Baralla, foi un político galego.

Traxectoria Estudou no Seminario de Lugo. Veciño de Gundián, no franquismo foi nomeado alcalde de Neira de Xusá en 1939. Como consecuencia do "estraperlo de Baralla", un caso de irregularidades na distribución de trigo e centeo adxudicado ao concello de Neira de Xusá polo Servizo Nacional do Trigo, o 24 de setembro de 1942 foi sancionado pola Fiscalía Superior de Taxas con 30.000 pesetas e encerrado nun Batallaón de Traballadores durante seis meses. Tamén foi sancionado o secretario do Concello, Víctor Rubio Alcázar.El Progreso, 7-10-1942, p. 2.

Vida persoal Casou en 1921 con Carolina Capón Fernández.El Progreso, 4-10-1921, p. 1. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Alcaldes de Baralla Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Baralla Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido