O foi unha fortificación xaponesa do século VII en Dazaifu, cidade da prefectura de Fukuoka. Na actualidade só resta o terraplén onde se atopaba; a pesar disto, é considerado un Lugar Histórico Nacional e forma parte dos «100 notables castelos» do país.
Historia miniatura|Pedras base da porta Higashimon. O termo «Mizuki» deriva de mizu (水), auga, e ki (城), a forma antiga de ler o kanji «castelo»; este nome foille dado polos seus fosos. A fortaleza Mizuki foi construída no ano 664 como defensa contra posíbeis ataques de China ou Silla. Máis tarde converteuse na entrada de Dazaifu, que recibía numerosas delegacións estranxeiras. Atopábase sobre un terraplén de 1.2 km de longo, 80 m de ancho e 9 m de alto, cun sistema de dobre foso que atravesa a chaira entre Dazaifu —outrora a capital de Kyūshū—, e a área da baía de Hakata. Este terreo une Ōnojō coas montañas opostas, preto de onde había un pequeno forte de montaña chamado «pequeno Mizuki». Este sistema de defensas cercaba de maneira efectiva o acceso á chaira de Dazaifu. O Mizuki contaba con varias partes: un foso interior; un terraplén inferior ancho e cunha pendente ascendente suave; outro superior alto e empinado; unha berma e o foso exterior. Aínda que na actualidade os fosos son arroceiras pódese seguir apreciando esta estrutura. Nestes terreos atópanse as pedras base da porta Higashimon e un museo local debaixo do outeiro.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Castelos do Xapón