O BLRT Grupp (Balti Laevaremonditehas: Estaleiro de reparación de buques do Báltico) é unha empresa de construción naval con sede en Talín, Estonia. Ademais de en Estonia, a compañía ten estaleiros en Lituania, Finlandia e Noruega. As súas filiais de construción e reparación naval son Tallinn Shipyard, BLRT Western Shipyard, Turku Repair Yard e BLRT Fiskerstrand.
O 14 de decembro de 2011 Fiskerstrand entregou o transbordador propulsado por GNL máis grande do mundo, o MF Boknafjord, á compañía norueguesa Fjord1. Outro transbordador alimentado con GNL, o MF Edøyfjord, foi entregado o 20 de xaneiro de 2012.
O beneficio total da empresa en 2017 foi de 283,9 millóns de euros e de 302,2 millóns en 2018. O beneficio neto foi de 18,5 millóns de euros en 2017 e de 15,1 millóns de euros en 2018.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Empresas de Estonia Categoría:Empresas de construción naval Categoría:Talín