Los años nuevos é unha miniserie de televisión por internet española-francesa de drama e coming of age creada por Rodrigo Sorogoyen, Sara Cano e Paula Fabra para Movistar Plus+ e Arte. Foi producida por Caballo Films e protagonizada por Iria del Río e Francesco Carril. Estreouse en España en Movistar Plus+ o 28 de novembro de 2024, para despois concluír o 12 de decembro de 2024.
Sinopse Ana (Iria del Río) fai 30 anos o día de Aninovo coa vida aínda por resolver: vive nun piso compartido, no lle gusta o seu traballo e muda a miúdo de amigos. Óscar (Francesco Carril) fai 30 anos o día de Noitevella coa vida case resolta: médico vocacional, amigos fieis e unha relación que vai e vén. A noite na que os dous fan os 30 coñécense, namoran e comezan unha relación cuxas idas e voltas durarán dez anos.
Elenco Iria del Río como Ana Varela Martínez Francesco Carril como Óscar
Produción O 25 de outubro de 2023, anunciouse que comezara a rodaxe da serie. Los años nuevos, a cal sería o terceiro proxecto de Rodrigo Sorogoyen para Movistar Plus+ despois de Antidisturbios e o capítulo "Negación" de Apagón, ademais da cancelación da serie de Sorogoyen sobre a guerra civil española. Iria del Río e Francesco Carril foron anunciados como os actores protagonistas. A rodaxe da serie tivo lugar na Comunidade de Madrid, así como na cidade francesa de Lión e a cidade alemá de Berlín.
En marzo de 2024, anunciouse que a rodaxe da serie rematara e que o capítulo final daa serie estaría formado por un plano secuencia.
Notas
Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión de España Categoría:Series de televisión de Francia Categoría:Series de televisión de Movistar Plus+ Categoría:Series de televisión iniciadas en 2024 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2024