A Universidade Estoniana de Ciencias da Vida (en , EMÜ) é unha universidade pública de Tartu, en Estonia. As súas orixes remóntanse a 1802 cando se creou a cátedra de Agricultura na Universidade de Tartu.History . Estonian University of Life Sciences. Consultado o 11 de setembro de 2023. EMÜ é a cuarta universidade pública máis grande en Estonia.About us . Estonian University of Life Sciences. Consultado o 11 de setembro de 2023.

Características A EMÜ é, pola súa propia afirmación, a única universidade de Estonia cuxas prioridades nas actividades académicas e de investigación proporcionan o desenvolvemento sostible dos recursos naturais necesarios para a existencia do ser humano, así como a preservación do patrimonio e do hábitat. A EMÜ é un centro de investigación e desenvolvemento en campos como a agricultura, silvicultura, ciencia animal, ciencia veterinaria, vida e economía rural, ciencia alimentaria, ciencias ambientais e tecnoloxías amigables co medio ambiente. A universidade é membro da rede universitaria BOVA.

A universidade está clasificada entre as 100 mellores universidades do mundo nos eidos da agricultura e a silvicultura.Estonian University of Life Sciences topuniversities.com

Reitores Richard Antons (1951–1954) Minna Klement (1954–1969) Arnold Rüütel (1969–1977) Nikolai Koslov (1977–1988) Olev Saveli (1988–1993) Mait Klaassen (1993–1998) Henn Elmet (1998–2002) Alar Karis (2003–2007) Mait Klaassen (2008–2022) Ülle Jaakma (2023–)

Dous dos reitores, Rüütel e Karis, foron posteriormente presidentes de Estonia.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Bova-University Network

Categoría:Universidades de Estonia Categoría:Tartu