Celeste é unha serie de televisión española creada por Diego San José e dirixida por Elena Trapé. Está protagonizada por Carmen Machi e Andrea Bayardo.

Sinopse Sara Santano (Carmen Machi) é unha inspectora de Facenda que dedicou toda a súa vida á recadación de impostos. O derradeiro día antes de prexubilarse, recibe o encargo máis importante da súa carreira: demostrar que Celeste (Andrea Bayardo), a grande estrela hispanoamericana, reside en España e ten que pagar os seus impostos no país, unha misión da que dependen vinte millóns de euros para as arcas españolas. Para iso, Sara terá que aparcar a súa vida para percorrer a de Celeste e demostrar que pasou 184 días en España.

Personaxes Carmen Machi como Sara Santano Manolo Solo como Tony Andrea Bayardo como Karen Albarrán "Celeste" Antonio Durán "Morris" como Carmelo Aixa Villagrán como Eva Clara Sans como Dani Jesús Noguero Marc Soler

Notas

Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión iniciadas en 2024 Categoría:Series de televisión de España