Smoke Signals é un filme canadense-estadounidense de 1998 dirixido por Chris Eyre a partir dun guión de Sherman Alexie. Baséase na colección de historias curtas de Alexie, The Lone Ranger and Tonto Fistfight in Heaven (1993). Gañou varios premios e recoñecementos, e tivo unha boa acollida en numerosos festivais de cinema.

En 2018, foi escollido pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América para a súa preservación no National Film Registry por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo".

Personaxes

Adam Beach como Victor Joseph Cody Lightning como Victor Joseph de neno Evan Adams como Thomas Builds-the-Fire Simon Baker como Thomas Builds-the-Fire de neno Irene Bedard como Suzy Song Gary Farmer como Arnold Joseph Tantoo Cardinal como Arlene Joseph John Trudell como Randy Peone Michael Greyeyes como Junior Polatkin Michelle St. John como Velma Elaine Miles como Lucy Cynthia Geary como Cathy a ximnasta Perrey Reeves como Holly Molly Cheek como Penny Cicero Robert Miano como Burt Cicero Tom Skerritt como xefe de policía

Produción Aínda que non foi o primeiro filme creado por cineastas nativos dos Estados Unidos, Smoke Signals é recoñecido como a primeira longametraxe escrita, dirixida e producida por nativos americanos en chegar a un amplo público tanto nos Estados Unidos coma no estranxeiro. Este filem tamén salienta pola súa autenticidade no que se refire ao seu elenco de actores e actrices nativas americanas, e porque foi filmada en localizacións na reserva india Coeur d'Alene en Idaho.

Notas

Categoría:Filmes de 1998 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes independentes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de Miramax Films Categoría:Filmes ambientados en Idaho Categoría:Filmes ambientados en Arizona Categoría:Filmes sobre nativos americanos