Elisabet "Betti" Alver, (nada en Jõgeva, Estonia, o 23 de novembro de 1906 e finada en Tartu o 19 de xuño de 1989,Bédé & Benbow (1980) foi unha das poetas máis destacadas de Estonia.Kaus (2011), p. 14
Traxectoria esquerda|miniatura|Casa natal de Betti Alver. Foi a sexta filla dun xefe de estación de Jõgeva. Ela foi unha das primeiras xeracións en ser educadas nunha Estonia independente. Foi á escola primaria de 1914 a 1917 en Tartu e, despois até 1924, fixo a secundaria, tamén, en Tartu. Posteriormente, de 1924 a 1927, estudou na universidade de Tartu lingua e literatura estoniana.
Comezou como escritora en prosa, en 1927, e a partir de 1931 publicou varios poemas que favoreceron o seu recoñecemento na escena literaria estoniana, culminando en 1934, coa súa adscrición á Unión de Escritores de Estonia. A finais da década de 1930, toma parte na fundación do grupo Arbujad ("Adiviños"),Cummins (1993), p. 32 un pequeno grupo de influentes poetas estonianos, entre os que se atopaban Bernard Kangro, Uku Masing, Kersti Merilaas, Mart Raud, August Sang, Heiti Talvik e Paul Viiding.
En 1937, casou con Heiti Talvik, mais despois da guerra, este, foi encarcerado polos soviéticos en 1945 e morreu en Siberia.
Durante dúas ou tres décadas gardou silencio como poeta en protesta polo dominio soviético, pero retomou a súa actividade na década de 1960. Destaca neste segundo período a colección de 1966 Tähetund ou "Hora estrelada". Tamén escribiu novelas e fixo traballos de traduciónCummins (1993), pp. 32–33 tanto do ruso (Pushkin e Gorki) como do alemán (Goethe e Heine). No centenario do seu nacemento, a súa casa natal, converteuse nun museo en Jõgeva.
Obras
Poesía
1931, Lugu valgest varesest 1936, Tolm ja tuli 1956, Luuletused ja poeemid 1962, Mõrane peegel 1966, Tähetund 1968, Uued luuletused ja poeemid 1971, Eluhelbed 1976, Tuju 1979, Lendav linn 1986, Korallid Emajões 1989, Werke, Band 1: Üle aegade Assamalla; Luuletusi ja poeeme 1931–1988 2004, Üle sõnade serva
Prosa
1927, Tuulearmuke (novela) 1930, Invaliidid (novela) 1935, Viletsuse komöödia (poema en prosa) 1992, Werke, Band 2: Tuulearmuke; Invaliidid; Viletsuse komöödia; Kõmpa; Proosa 1927–1976
miniatura|Museo de Betti Alver en Jögeva.
Premios
1966, Escritora de honra da RSS de Estonia 1967, Premio de Poesía Juhan Liiv 1977, Premio Friedebert Tuglas 1981, Escritora do Pobo da RSS de Estonia
Homenaxes
En 2013, un cráter do planeta Mercurio foi nomeador Alver, na súa honra.
Vida persoal Casou con Heiti Talvik en 1937, e con Mart Lepik, en 1965.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1989 Categoría:Nados en Jõgeva Categoría:Poetas de Estonia Categoría:Poetas en lingua estoniana Categoría:Escritores de Estonia Categoría:Escritores en lingua estoniana Categoría:Tradutores de Estonia Categoría:Alumnos da Universidade de Tartu