Lahn Mah (en ) é un filme tailandés de 2024 dirixido por Pat Boonnitipat no seu debut como director e escrito por Pat e Thodsapon Thiptinnakorn. Está protagonizado por Putthipong Assaratanakul e Usha Seamkhum. No filme, M (Putthipong), un estudante que abandonou a universidade e con escaso diñeiro, ofrécese para coidar da súa avoa (Usha) enferma terminal coa esperanza de quedar coa herdanza.
Estreouse nos cinemas de Tailandia o 4 de abril de 2024 a través de GDH. Foi escollido como candidato de Tailandia para o Óscar ó mellor filme internacional na 97ª edición dos premios, clasificándose na lista curta de decembro.
Personaxes Putthipong "Billkin" Assaratanakul como M Usha "Taew" Seamkhum como Mengju Sarinrat "Jear" Thomas como Sew Sanya "Duu" Kunakorn como Kiang Pongsatorn "Phuak" Jongwilas como Soei Tontawan "Tu" Tantivejakul como Mui Duangporn Oapirat como Pinn Himawari Tajiri como Rainbow
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Tailandia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 97ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes en lingua tailandesa Categoría:Filmes de Tailandia Categoría:Filmes sobre cancro