Lǎo hú li é un filme taiwanés-xaponés de 2023 dirixido por Hsiao Ya-chuan. Conta a historia dun neno que se fai amigo do seu patrón, alcumado Old Fox, e conta a historia da sociedade de Taiwán en rápida transformación de finais dos anos 80. O elenco está composto por Bai Run-yin, Liu Kuan-ting, Akio Chen, Mugi Kadowaki e Eugenie Liu. O filme está dedicado á nai do director.
Foi escollido como candidato taiwanés para presentarse ó Óscar ó mellor filme internacional na 97ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Personaxes Bai Run-yin como Liao Jie Liu Kuan-ting como Liao Tai-Lai Akio Chen como Boss Xie (Old Fox) Eugenie Liu como Lin Chen-Chen Mugi Kadowaki como Yang Jun-Mei Jag Huang James Wen
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Taiwán propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 97ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua mandarín Categoría:Filmes en lingua taiwanesa Categoría:Filmes de Taiwán Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes ambientados en 1989 Categoría:Filmes rodados en Taiwán Categoría:Filmes ambientados en Taiwán