Edward John Poynter, nado en París o 20 de marzo de 1836 e finado en Londres o 26 de xullo de 1919, foi un pintor, debuxante, medallista e deseñador de moedas británico, que ocupou os cargos de presidente da Royal Academy e director da National Gallery.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Edward Poynter naceu en París en marzo de 1836, fillo de Emma Forster (1800-1848) e do arquitecto Ambrose Poynter (1796-1886),Hugh, C. (ed.) (1911). pouco antes de que os seus pais se trasladasen a Gran Bretaña. Poynter era neto por parte materna do escultor Thomas Banks."Poynter, Edward John, Sir". Arthistorians.infoForrer, L. (1909). Páxina 678.
En Inglaterra estudou no Brighton College e na Ipswich School, aínda que non puido completar os seus estudos por mor da súa mala saúde, que lle obrigaba a pasar os invernos entre Madeira e Roma. Nesta última cidade coñeceu en 1853 o pintor e escultor inglés Frederick Leighton, quen lle deixou unha fonda pegada."Sir Edward John Poynter (Brighton College 1849-50) ". Old Brightonians. Brighton College (Oldbrightonians.com).
En Londres completou a súa formación na Heatherley School of Fine Art de Leigh e nas escolas da Royal Academy, e posteriormente desprazouse a París, para se formar no estudio do pintor clasicista Charles Gleyre entre 1856 e 1859, con compañeiros como James McNeill Whistler e George du Maurier.
Carreira artística e profesional miniatura|esquerda|Visita da raíña de Saba ao rei Salomón (1890). Poynter comezou a expor pinturas orientalistas na Royal Academy en 1861. Acadou sona como pintor cos seus grandes cadros históricos, como Israel en Exipto (1867) ou San Xurxo para Inglaterra (1869); tamén creou un mosaico para o vestíbulo central do palacio de Westminster, que representa a San Xurxo e o dragón. Outra das súas obras de temática histórica máis recoñecibles é Visita da raíña de Saba ao rei Salomón (1890).
Poynter tamén traballou como ilustrador de revistas, entre elas London Society, e de libros, como o popular Bible Gallery (1880). En 1883 foi elixido membro da Royal Society of Painters in Water Colours.
Ademais da pintura, Poynter destacou tamén como medallista e deseñador de moedas do Reino Unido. En 1893 presentou varias propostas de deseño para os reversos das moedas da serie Old Head da raíña Vitoria, dúas das cales foron aceptadas polo comité establecido para o efecto. O resultado foi o deseño das moedas dun xilin"1 Shilling - Victoria 3rd portrait; 'Old Head'". Numista.com e dun florín"1 Florin - Victoria 3rd portrait". Numista.com desta serie, que foron cuñadas pola Royal Mint entre 1893 e 1901,Forrer, L. (1909). Páxina 679. con anversos creados por Thomas Brock.
Ademais destas moedas, tamén foi o autor do deseño dalgunhas medallas, entre as que cabe salientar a medalla Ashanti, de 1874.Mayo, J. H. (1897). Medals And Decorations Of The British Army And Navy. Vol 2. A. Constable, Westminster. Páxinas 398-402."The Ashantee Medal, granted by the Queen for the Expedition of 1873–74". The Metropolitan Museum of Art (Metmuseum.org). En 1901, foi un dos participantes na segunda exposición da Sociedade de Medallistas de Londres, con diversas medallas e algúns dos deseños de moedas creados con anterioridade.Forrer, L. (1909). Páxinas 679-680. miniatura|270x270px|Fotografía de Poynter no seu estudio, por J. P. Mayall (1884)."Mayall, J. P. (Joseph Parkin), 1839-1906: Edward John Poynter". National Gallery of Art Library, Washington (Library.nga.gov). Poynter ingresou como membro asociado na Royal Academy en 1869 e en 1876 acadou a condición de académico de número. Tamén ocupou diversos postos oficiais e de carácter docente: foi catedrático no University College London (1871-1875), director da National Art Training School (1875-1881) e director da National Gallery (1894-1904). En 1896 foi eixido presidente da Royal Academy. Ese mesmo ano foi nomeado cabaleiro,Forrer, L. (1909). Páxinas 678-679. e en 1898 recibiu o título honorario da Universidade de Cambridge. En 1902 foi nomeado baronet."Baronets". En The Register. 27 de xuño de 1902. Páxina 5."No. 27457". En The London Gazette. 25 de xullo de 1902. Páxina 4.738.
Vida persoal e familia Poynter casou en 1866 con Agnes MacDonald, con quen tivo tres fillos. Pola súa banda, a súa irmá Georgiana casou co artista Edward Burne-Jones; a súa irmá Alice foi a nai do escritor Rudyard Kipling e outra irmá, Louisa, foi a nai de Stanley Baldwin, primeiro ministro do Reino Unido en tres ocasións.
Edward Poynter finou en Londres o 26 de xullo de 1919 aos 83 anos."Death of Sir E. Poynter. A Great Victorian". En The Times. 28 de xullo de 1919. Páxina 16.
Publicacións
(1879). Ten Lectures on Art. Chapman and Hall, Londres. (1881). German, Flemish and Dutch painting (con H. J. W. Buxton). Londres. (1890). Classic and Italian Painting (con P. R. Head). Londres.. (1905). Drawings of Sir E. J. Poynter. Londres.
Escolma de obras
Moedas e medallas
Pintura
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Forrer, L. (1909). "Poynter, Sir Edward John". En Biographical Dictionary of Medallists. Vol. 4. Spink & Son, Londres. Páxinas 678-680. Freeman, J. (1995). Life at Arm’s Length: Sir Edward Poynter 1836-1919: a Pupil at Brighton College from 1849-1850. Brighton College. Hugh, C. (ed.) (1911). "Poynter, Sir Edward John" . En Encyclopædia Britannica (11ª ed.). Cambridge University Press. Vol. 22. Páxina 239. Inglis, A. (1987). “Sir Edward Poynter and the Earl of Wharncliffe’s Billiard Room.” Apollo, 126. Páxinas 249-255. Kestner, J. (1998). "Poynter and Leighton as Aestheticians: the Ten Lectures and Addresses". En Journal of Pre-Raphaelite and Aesthetic Studies. 2. Nº 1. Páxinas 108-120. Monkhouse, C. (1897). Sir Edward J. Poynter, President of the Royal Academy: His Life and Work. Art Annual, Londres. Monkhouse, C. (1899). "Sir Edward J. Poynter, R.A.". En British contemporary artists. C. Scribners, Nova York. Spielmann, M. H. (1897). "Sir E. J. Poynter, P.R.A., and his Studies". En The Magazine of Art. Páxinas 111-120.
Ligazóns externas
"Edward John Poynter". Artuk.org "Sir Edward Poynter". Artcyclopedia.com "Edward John Poynter". Artrenewal.org
Categoría:Nados en 1836 Categoría:Nados en París Categoría:Finados en 1919 Categoría:Británicos de ascendencia francesa Categoría:Pintores do Reino Unido Categoría:Deseñadores de moeda do Reino Unido Categoría:Profesores do University College London Categoría:Membros da Royal Academy Categoría:Medallas