miniatura|We'wha, unha notábel artista lhamana e embaixadora cultural do pobo zuni, tecendo nun tear de cintura. Lhamana, segundo a cultura tradicional zuni, son persoas bioloxicamente masculinas que asumen funcións sociais e cerimoniais normalmente realizadas por mulleres na súa cultura, cando menos parte do tempo. páxina 269 Levan unha mestura de roupa feminina e masculina e gran parte do seu traballo realízase nas zonas habitadas habitualmente polas mulleres zunis. Algunhas lhamana contemporáneas participan na comunidade panindianista dos dous espíritos.

A lhamana máis famosa foi We'wha (1849–1896), que en 1886 formou parte da delegación zuni en Washington D.C., onde se reuniron co presidente Grover Cleveland.

Rol social Os relatos do século XIX sinalan que as lhamana, aínda que estaban vestidas con "traxe feminino", eran frecuentemente contratadas para traballos que requirían "forza e resistencia",Matilda Coxe Stevenson, The Zuni Indians: Their Mythology, Esoteric Fraternities, and Ceremonies, (BiblioBazaar, 2010) p. 380 como a caza maior e cortar leña.Gilley, Brian Joseph (2006). Becoming Two-Spirit: Gay Identity and Social Acceptance in Indian Country. . p.8

Ademais de facer un traballo pesado, algunhas persoas lhamana salientaron en artes e oficios tradicionais como a cerámica e o tecido. We'wha, en particular, era unha coñecida tecedora.James, George W. New Mexico: The Land of the Delight Makers. Boston: Page Co.,1920

Os pronomes masculinos e femininos usáronse para as persoas lhamana. Escribindo sobre a súa amiga We'wha, a antropóloga Matilda Coxe Stevenson describiuna como:

Aínda que os colonialistas europeos e os adeptos modernos dos estudos queer consideran as lhamana como gai, LGBT ou transxénero, os zunis lhamana, como outros roles sociais, culturais e cerimoniais indíxenas, existen nunha matriz indíxena. Os escritores indíxenas sobre estes papeis consideran que estas identidades non se poden reducir unicamente ao desexo do mesmo sexo ou á adhesión a un conxunto convencional de roles de xénero, mesmo os modernos transxénero ou xénero queer.Cameron, Michelle. (2005). Two-spirited Aboriginal people: Continuing cultural appropriation by non-Aboriginal society. Canadian Women Studies, 24 (2/3), 123–127.Smith, Andrea. "Queer Theory and Native Studies: The Heteronormativity of Settler Colonialism". GLQ: A Journal of Lesbian and Gay Studies 16.1–2 (2010): 41–68. Web.

Notas

Categoría:Pobo zuni Categoría:Dous espíritos