Thomas Henry Elliott, nado en Londres o 7 de setembro de 1854 e finado en Roma o 4 de xuño de 1926, foi un alto funcionario do Goberno do Reino Unido.
Logo de ingresar na Axencia Tributaria británica en 1872, chegou a ser secretario permanente da Xunta de Agricultura e Pesca (1892-1913), e Deputy Master of the Mint (1913-1917), un cargo equivalente ao de director executivo da Real Casa da Moeda do Reino Unido.
Traxectoria Elliott naceu en 1854 en Londres, Inglaterra,"Elliott, Sir Thomas Henry". Ukwhoswho.com fillo de Mary Ann Worton e de Thomas Henry Elliott (1826-1893)."Sir Thomas Henry Elliott, 1st Bt.". Thepeerage.com"Sir Thomas Henry Elliott". Findagrave.com
O 2 de xaneiro de 1872 aprobou co número un a oposición para acceder á función pública,"The Civil Service". En The Morning Post. Nº 30.626. 3 de febreiro de 1872. Páxina 7. e ingresou na Axencia Tributaria.L. L. P. (1926). Páxina 516. Logo foi secretario privado do daquela presidente da Xunta de Goberno Local C. T. Richie, entre 1889 e 1892.
En xaneiro de 1892 foi nomeado secretario da Xunta de Agricultura e Pesca,"No. 26252". En The London Gazette. 29 de xaneiro de 1892. Páxina 492. e como tal formou parte da delegación británica na Conferencia Internacional de Agricultura de Roma en 1905, e foi delegado do Reino Unido no Instituto Internacional de Agricultura en 1919.
En xaneiro de 1913, foi nomeado director executivo e interventor da Royal Mint,"No. 28678". En The London Gazette. 3 de xaneiro de 1913. Páxina 59.Allen, M. (2012). Mints and Money in Medieval England. Cambridge University Press. ISBN 978-1107014947 e en marzo de 1913 asumiu ex-officio o cargo de gravador dos selos da Súa Maxestade."No. 12544". En The Edinburgh Gazette. 7 de marzo de 1913. Páxina 253.
En 1890 fora un dos fundadores da Royal Economic Society, institución da que foi secretario honorario ata 1924.L. L. P. (1926). Páxina 514.
Elliott xubilouse da súa traxectoria administrativa o 4 de xuño de 1917.Forrer, L. (1923).
Vida persoal O 30 de xuño de 1880, Thomas Elliott casou con Ellen Rowe, con quen tivo unha filla, chamada Beatrice Marguerite Elliott (1881-1939), e un fillo, Ivo D'Oyly Elliott (1882-1961).
Elliott faleceu o 4 de xuño de 1926 en Roma, onde pasou os seus derradeiros anos, á idade de 71 anos. Foi soterrado no cemiterio de Campo Cestio, en Roma.
Honras e recoñecementos Nas honras do Xubileu de Diamante de Vitoria en 1897, Elliott foi nomeado Compañeiro da Orde do Baño,"No. 26867". En The London Gazette. 25 de xuño de 1897. Páxina 3569. e nas honras da coroación de Eduardo VII en 1902 foi ascendido a Cabaleiro Comendador, que levaba aparellado o título de Sir."No. 27453". En The London Gazette. 11 de xullo de 1902. Páxina 4441. En outubro de 1917, ao se xubilar da función pública británica, foi nomeado baronet, e adquiriu o título de Sir Thomas Henry Elliott, 1º Baronet de Limpsfield, no condado de Surrey."No. 30332". En The London Gazette. 12 de outubro de 1917. Páxina 10504.
Ademais das súas condecoracións británicas, Elliott recibiu varias estranxeiras. Foi nomeado Comendador da Orde do Mérito Agrícola e Oficial da Instrución Pública polo presidente francés. Tamén foi nomeado Comendador da Orde da Coroa, en Bélxica, e Comendador da Orde dos Santos Mauricio e Lázaro, polo rei de Italia.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Forrer, L. (1923). "Elliot, Sir Thomas Henry". Biographical dictionary of medallists. Vol. 7. Spink & Son, Londres. Páxina 250.
Craig, John (2010) . The Mint: a History of the London Mint from A.D. 287 to 1948. Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-17077-2 L. L. P. (1926). "Obituary: Sir Thomas Henry Elliott, Bart., K.C.B.". En The Economic Journal. Vol. 36. Nº 143. Páxinas 514-517.
Outros artigos
Director da Royal Mint
Ligazóns externas
Retratos de Thomas Elliott. National Portrait Gallery (NPG.org.uk) "Elliott, Sir Thomas Henry, (1854-1926), 1st Baronet Civil Servant". The National Archives (Nationalarchives.gov.uk).
Categoría:Nados en 1854 Categoría:Nados en Londres Categoría:Finados en 1926 Categoría:Directores da Royal Mint Categoría:Personalidades sen imaxes