O Pavillón Municipal da Sangriña é un recinto deportivo multiúsos situado na Guarda. Serve de feudo local ao CB Atlético Guardés.
Historia Construíuse en 1987, e inaugurouno o alcalde Manuel Díaz González "Ligero". Inicialmente tiña capacidade para 500 persoas. En 2022 licitouse a remodelación que mudou a fachada e a cuberta e ampliou a capacidade até 700 persoas. A obra tivo un orzamento de 1.870.667,53 €, que financiaron a Deputación de Pontevedra (609.672,74 €), a Xunta de Galicia (500.000 €), os fondos Next Generation (385.754,11 €) e o Concello da Guarda (375.240,68 €). Tamén se melloraron a accesibilidade para persoas con discapacidade e mais a eficiencia enerxética. O 28 de xaneiro de 2023 o alcalde Antonio Lomba reinaugurou o recinto, se ben un mes antes xa se xogou o partido de ida da eliminatoria da Copa Europea da EHF entre o Guardés e o JuRo Unirek VZV neerlandés.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Sporting Guardés
Sangriña
Categoría:Deporte na Guarda Categoría:Atlético Guardés