O colgante da Pedra Grande de Férvedes é un colgante paleolítico feito de pedra branda de forma ovalada achada no abrigo da Pena Grande de Férvedes en Xermade.
Características Ten unha sección plana cunha lixeira convexidade, presenta unha rotura do que puido ser unha perforación e no centro dunha das caras ten unha incisión recta que parte a cara en dous. Polas súas características parece ser un colgante grande de decoración simple. Polas características da industria lítica, pertence ao final da cultura magdaleniense e é, por tanto, unha das manifestacións artísticas máis antigas de Galicia cunha idade aproximada de 10 000 anos.
Mide 43 x 34 x 11 mm e pesa 24 g.
Notas
Categoría:Obxectos arqueolóxicos Categoría:Prehistoria de Galicia Categoría:Arte prehistórica Categoría:Arte de Galicia