Micaela Joana Casasola, nada en Buenos Aires o 17 de marzo de 1997, é unha xogadora de balonmán arxentina. Xoga de primeira liña no BM Porriño e na selección arxentina.
Traxectoria Equipos
Formouse na sección de balonmán do Club Atlético Vélez Sársfield. Durante unha etapa formativa en Londres xogou no Thames Handball Club, e logo estivo outros catro anos en Vélez Sársfield. No verán de 2021 fichou polo BM Porriño. Co equipo galego proclamouse máxima goleadora da División de Honra feminina de balonmán 2022-23 e xogadora da xornada na xornada 22 da tempada 2021-22 e na xornada 14 da tempada 2022-23. Na tempada 2024-25 o equipo chegou á final da EHF European Cup.
Selección
Competiu coa selección arxentina no Campionato Mundial Xuvenil Feminino IHF de 2014, celebrado en Macedonia do Norte, e no Campionato Mundial Junior en Rusia en 2016. Xa coa selección absoluta, participou en 3 mundiais, o último o de España 2021. Participou no Campionatos Panamericanos de Buenos Aires 2017, os Xogos Suramericanos de Cochabamba 2018, os Xogos Sur e Centroamericanos (2018, 2021, 2022, 2024) e os Xogos Panamericanos de Santiago 2023.
Vida persoal É irmá do futbolista Tiago Casasola e da xogadora de balonmán Caterina Casasola. É parella do adestrador de balonmán Matias Nikitiuk.
Notas
Categoría:Nados en 1997
Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Xogadores de balonmán da Arxentina Categoría:Xogadores do BM Porriño