María Margarita de Jesús Bárcena y de Saracho, nada en Vigo o 18 de febreiro de 1887 e finada en Madrid o 1 de xaneiro de 1919, foi unha aristócrata, relixiosa e poeta galega.

Traxectoria Filla de Augusto Bárcena Franco (empresario e vicecónsul de Noruega en Vigo, irmán de Manuel Bárcena Franco, conde de Torrecedeira, alcalde de Vigo e fundador da Caixa de Aforros de Vigo) e mais da pontevedresa María del Carmen Saracho Spínola. Foi irmán do compositor Augusto Bárcena Saracho. Ostentou o título de condesa da casa Bárcena. miniatura|esquerda|page=9|Del corazón (en PDF). Obtivo celebridade por ser fundadora da obra dos Xoves Eucarísticos en 1907 xunto co padre Lequerica. O propósito deste traballo era que os fieis dedicasen un tempo ao culto a Xesús en grupos de doce persoas, coma os Apóstolos. A relixión ocupou un espazo predominante na vida de Margarita, até chegar a estar internada nun convento de monxas en Manresa durante dous anos. No propio domicilio de Margarita rezaba a inscrición "non falar ou falar de Deus", en relación ao voto de silencio. En 1917 trasladouse a Madrid xunto coa súa nai, e faleceu naquela cidade por mor da gripe de 1918.

Homenaxes A súa nai comezou unha infrutuosa campaña de beatificación e en 1920 publicou Del corazón, unha compilación de poesía mística e eucarística da filla.

Desde 1968 leva o seu nome a rúa Condesa Casa Bárcena da cidade de Vigo, antes coñecida como rúa Honduras, que comunica a rúa de Pizarro coa rúa de Urzaiz.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1887 Categoría:Finados en 1919 Categoría:Finados por gripe Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Poetas en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público