Guðmundur Erlendsson, nado cara a 1595 e finado en 1670, foi un poeta e crego islandés.
Traxectoria Guðmundur Erlendsson naceu na granxa e igrexa de Fell, en Sléttuhlíð, onde exercería como pastor. Os seus pais eran o reverendo Erlendur Guðmundsson e a súa esposa Margrét Skúladóttir, dos que pouco se sabe. Erlendsson foi un de oito fillos da parella.
Obra A súa obra máis coñecida é Einvaldsóður, unha tradución do poema Ane Dialog betwixt Experience and ane Courteor de David Lyndsay. En 2017, o compositor Guðmundur Steinn Gunnarsson empregou o texto para a súa ópera de cámara homónima, que debutou no festival Sláturtíð.
Guðmundur Erlendsson foi un poeta versátil e prolífico que acadou moita sona na súa época. Malia ser coñecido principalmente como un escritor relixioso, tamén compuxo rímur e outros poemas como unha vida de Esopo, unha composición sobre a grýla, e outra sobre os eventos de Tyrkjarán de 1627.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Personalidades da relixión de Islandia Categoría:Finados en 1670 Categoría:Nados no século XVI Categoría:Escritores en lingua islandesa