O Camiño de Ignacio Taverneiro é unha ruta do camiño de Santiago (non recoñecida oficialmente) que transcorre por Galicia dende Salvaterra de Miño ata a capital galega completando 130 quilómetros. Historia
Recibe este nome en memoria de Ignacio Taverneiro, un peregrino galego que faleceu na Estrada no ano 1784 cando facía a viaxe de regreso tras completar o camiño. A ruta pola que viaxaba era elixida por moitos para evitar os impostos de paso polas pontes e cidades do camiño principal dende Portugal que entraba por Tui e Pontevedra.
En xullo de 2022 un grupo de mozos madrileños percorreu esta ruta e dende entón tanto os concellos polo que transcorre coma a Asociación Codeseda Viva coordináronse para traballar na promoción e divulgación desta ruta que busca o recoñecemento como Vía Cultural. En outubro dese ano publicouse a primeira guía impresa da ruta. No ano 2023 a Deputación de Pontevedra implicouse na recuperación deste treito.
Trazado Salvaterra de Miño Ponteareas Pazos de Borbén Ponte Caldelas Cerdedo Cotobade A Estrada. Aquí o trazado únese ao Camiño da Geira e continua ata Santiago por Pontevea.
Notas
Véxase tamén Sitio web oficial
Categoría:Camiño de Santiago