dereita O V Festival Mundial da Mocidade e os Estudantes tivo lugar durante 1955 en Varsovia, capital do que entón era a República Popular de Polonia. Foi organizada pola Federación Mundial da Mocidade Democrática (FMJD), a quinta edición do seu festival reuniu a cerca de 31.000 mozos de 114 países. A lema do evento era: "Pola paz e a amizade!".

O contexto internacional era auspicioso para o Festival, marcado pola auxe do comezo da coexistencia pacífica con Estados Unidos anunciada por Nikita Khrushchev, presidente do Consello de Ministros soviético. Para finais dos anos 1950 o colonialismo estaba nas súas últimas etapas e síntoma diso foi a Conferencia de Bandung, levada a cabo tamén no 1955; no mesmo ano desenvolveuse, en Helsinqui, a Asemblea Mundial da Paz. A quinta edición do Festival tamén estivo marcada por protestas e mobilizacións contra a posibilidade dunha guerra nuclear.

Pola súa banda, a elección de Varsovia como sede non foi arbitraria; Polonia fora invadida e ocupada por tropas nazis o 1 de setembro de 1939, iniciando a Segunda Guerra Mundial que acabaría coa vida duns 6.000.000 polacos. Varsovia fora literalmente devastada durante os anos de guerra, e o novo Estado socialista aínda se encontraba no labor de reconstruír a cidade.

Véxase tamén Ligazóns externas Información sobre o V Festival Mundial da Mocidade e os Estudantes Historia dos festivais

Categoría:Festival Mundial da Mocidade e os Estudantes