Daniela Moreno Lahora, nada en San Sebastián de los Reyes o 23 de xaneiro de 2001, é unha xogadora de balonmán hispano-arxentina. Xoga de lateral dereita no BM Porriño.
Traxectoria
Filla de Laura Lahora, xogadora de balonmán arxentina. Formouse na base do BM Alcobendas e xogou no primeiro equipo entre 2018 e 2020, cando fichou polo Atlético Guardés, co cal chegou á final da European EHF Cup na tempada 2022-23. Tras tres tempadas no equipo da Guarda estivo un ano no BM Remudas, e en 2024 fichou polo BM Porriño, co cal chegou á final da European EHF Cup 2024-25.
De nova foi convocada coa selección española sub-20.
Notas
Categoría:Nados en 2001 Categoría:Nados en San Sebastián de los Reyes Categoría:Xogadores de balonmán de España Categoría:Xogadores do BM Porriño Categoría:Xogadores do Atlético Guardés