Julia Guzmán Ruiz, nada en Palencia o 1 de marzo de 1998 e coñecida polo seu nome artístico Julieta Wibel, é unha directora creativa, deseñadora de produto, artista e divulgadora española, aveciñada en Madrid. Traxectoria É filla do pintor Antonio Guzmán Capel e bisneta do músico Antonio Guzmán Ricis, compositor do himno de Palencia.
Comezou o grao de Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto no ano 2016 na Universidade de Valladolid, no 2018 decidiu continuar os estudos na Universidade Politécnica de Valencia. O 1 de marzo do 2020 comezou a súa canle de YouTube como parte do seu traballo de fin de grao (TFG). O bo rendemento da mesma levouna a traballar para plataformas como Netflix e Amazon Prime Video e artistas como Pimp Flaco, Marc Seguí, Micro TDH e Xavibo.
En 2023 Wibel lanzou a súa primeira colección de roupa e accesorios e un sinxelo musical titulado In The Mood baixo o nome Ms. Juliette, todo como parte da obra de arte total Hedonismo. A colección inclúe un manifesto que rexeita a cultura da produtividade constante, enfocándose no desfrute dun mesmo.
Xunto con Mike Fernández, Julieta Wibel acuñou o termo Math T(h)rash para designar a corrente artística actual, como forma de rexeitar ós críticos que insinúan que neste momento todo é eclecticismo, unha mestura ampla de movementos anteriores.
En 2025 iniciou o videopodcast En la cama con Julieta, un espazo de debate e conversa sobre a arte e a súa relación coa vida do artista.
Notas
Categoría:Nados en Palencia
Categoría:Nados en 1998 Categoría:Enxeñeiros de España