Ramón Cortegoso Fernández, nado en Madrid en 1957, é un avogado e político galego do PPdeG. Traxectoria

De familia de Tui. Licenciado en Dereito e diplomado en comercio exterior. Foi asesor xurídico, secretario e voceiro da Asociación de Navieiros Galegos, secretario xeral da Asociación Galega de Graniteiros e asesor xurídico e xerente da Asociación Provincial de Empresas Consignatarias e Estibadoras (ACOESPO). Militante do Partido Popular de Galicia, foi concelleiro en Vigo (1991-1997) e deputado no Parlamento de Galicia polo PPdeG na V lexislatura (1997-2001).

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Concelleiros de Vigo Categoría:Concelleiros de Galicia polo PPdeG

Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Deputados da V Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Nados en Madrid

Categoría:Nados en 1957